BUEU

O Enxebre Swing Festival volve a Bueu!

A localidade buenense, a tan só 30 km de Vigo, representa á perfección o espíritu enxebre do festival. Trátase dunha pequena vila que mantén a súa tradición mariñeira moi presente no día a día. Unha vila cunha gran actividade cultural, dentro dunha localización de luxo pola súa natureza.

Para a organización do festival tamén ten un valor simbólico. Non esquecemos que a primeira localidade de Galicia con clases de lindy hop foi precisamente Bueu, onde Elena e Jorge, fundadores da Swing On School, se trasladaron a vivir no ano 2012 e comezaron a dar clases no Aturuxo Bar.

Advertisements