ESPAZOS

O Enxebre Swing Festival celebrase neste espazo inigualable: Casa Videira. Unha antiga casa de labranza (de nada menos que 1847!), situada na localidade pontevedresa de Bueu, de forte tradición mariñeira. Esta incrible casa rural  é o lugar perfecto para que os lindy hoppers poidan imbuírse da esencia de Galicia ademais de desfrutar da música e do baile.

A Casa Videira conta cunha carpa para festas e clases, ademais dun comedor rústico no que tamén se impartirán clases. Conta tamén cunha auténtica taberna galega dentro do recinto da casa para socializar e descansar despois das clases; e se o tempo acompaña, poderemos deitarnos no xardín da casa para descansar nos ratos libres.

Entre as opcións que ofrecemos, unha delas inclúe a posibilidade de aloxamento na casa rural, para vivir a experiencia ao máximo nun ambiente familiar e moi galego. Para aloxarse na casa só é necesario indicalo na inscrición seleccionando o Pase Enxebre. As prazas son limitadas.

 O domingo, para despedirnos do Enxebre Swing Festival 2017, teremos a oportunidade de bailar no emblemático Aturuxo Bar, un lugar de referencia en Galicia tanto para o sector musical e cultural como para o lindy hop, xa que foi alí onde o lindy hop galego deu os seus primeiros pasos hai 5 anos. Con moito orgullo volveremos a poñer peche neste espazo, acompañados dos DJs presentes no festival.

Sesión vermú Aturuxo Bar Bueu no Enxebre Swing Festival

Advertisements