FESTAS

As noites do venres e o sábado celebraranse dúas festas na carpa de Casa Videira. Ambas contarán coa música en directo da Vicus Swing Band, ademais de tasters de shag e balboa, unha competición de J&J moi especial, e os mellores DJs de Swing On School.

TASTERS

  • Collegiate Shag o venres 21 de abril a cargo de Andrea e Jorge (Swing On School)
  • Balboa o sábado 22 de abril a cargo de Sandra e Javi (Minor Balboa)

VICUS SWING BAND

Vicus Swing Band no Enxebre Swing Festival 2017Este quinteto é un proxecto internacional formado por músicos de Lituania, Letonia e Galicia. Xa coñecidos polos lindy hoppers polas súas actuacións no primeiro e segundo Navia Swing Festival, e por ser membros da enorme Big Bang Band, ofrecerán durante o Enxebre Swing Festival o seu repertorio máis bailable, con Nova Orleans como punto de referencia.

Compoñentes:

Rolandas Butkevicius (Lituania): saxofón soprano
Roberts Reinholds (Letonia): trompeta
Sarunas Pupelis (Lituania): saxofón tenor
Zivile Keblikaite (Lituania): piano eléctrico
Daniel Díaz Fentanes (Galicia): batería

DJs

djs do enxebre swing festival 2017Durante as festas contaremos con nada menos que 4 DJs de luxo para complementar á banda e que a festa non pare! Acompañarannos catro persoas ben coñecidas na escena lindy hopper de Galicia:

DJ María
DJ Carmiña Vacaloura
DJ Sofía
DJ Dani

 

 

J&J BiRol

Durante a festa do sábado 22 celebrarase un concurso J&J, no que poderá participar calquera inscrito ao festival. O concurso non é un Jack & Jill, nen un Jill & Jack, nen un Jack & Jack nen un Jill & Jill, se non unha mistura de todo isto. Cando se achegue a data informaremos con máis detalle das bases do concurso, pero podemos adiantar que non haberá roles establecidos no baile, ter capacidade de adaptación para ser leader, follower, ou polo menos intentalo, ten premio!!

 

Advertisements