INFORMACIÓN

CONTACTO

Se tes algunha dúbida e queres preguntarnos algo, podes contactar connosco a través deste formulario, ou escribir un mail a enxebreswingfestival@gmail.com

 

COMO CHEGAR

  • En transporte público dende Vigo

A mellor forma de chegar dende Vigo ata Casa Videira en transporte público é:

  1. Coller un barco Vigo-Cangas na Estación Marítima de Vigo. A empresa que xestiona os barcos é Mar de Ons, os venres hai barcos cada media hora, e o último sae ás 22.30h. O traxecto en barco dura 25 minutos.
  2. Coller un bus Cangas-Bueu na Estación de Autobuses de Cangas (ao lado da Estación Marítima de Cangas). Hai dúas empresas que xestionan esta ruta, podedes consultar os horarios de cada unha nos seguintes enlaces:
    MONBÚS (a ruta máis directa, traxecto de 15 minutos) // CERQUEIRO (vai pola costa, traxecto de 40 minutos)
  3. Dende a parada do autobús no centro de Bueu, pódese chegar a pé ata Casa Videira. O traxecto é duns 15 minutos.

Podes consultar o mapa de abaixo, pinchando nas marcas e liñas para ver o itinerario exacto.

 

  • En coche dende Madrid

 

  • En coche dende Lisboa

 

  • En coche dende A Coruña

Advertisements