J&J BiRol

Durante as festas do venres e do sábado do Enxebre Swing Festival 2017 haberá unha competición de baile na que tod@s @s participantes serán leaders e followers. Non é necesario dominar os dous roles para participar porque o xurado, formado polos profesores do festival, non valorarán o nivel de baile. Así que non te cortes e saca ao lindy hopper máis músical, máis tolo, máis entregado á música e á parella, e gaña un destes premios.

1º Premio: Full Pass do Porto Swing Jam 2017 e unha botella Magnum de albariño Paco & Lola.
2º Premio: Full Pass do Winter is Coming Swing Weekend 2017.

As preliminares celebraránse durante a festa do venres 21, e a final durante a festa do sábado 22, polo que é necesario que para competir teñas acceso ás dúas festas (Pase Enxebre, Pase Cabra, Pase Festas + Casa, Pase Festas).

Para asistir é necesario inscribirse a continuación, ata chegar ao número máximo de prazas.

 

Advertisements