NIVEIS

As clases do Enxebre Swing Festival están divididas en 3 niveis. Antes de inscribirte consulta a información de cada nivel para apuntarte ao máis indicado para ti. Durante a primeira clase os profesores poderán cambiar de nivel a algunhas persoas se o consideran oportuno.

Se tes algunha dúbida co teu nivel, consulta cos teus profesores de lindy hop.

O festival non ofrece clases de iniciación ao lindy hop, aínda así, se non tes experiencia en ningún baile swing podes vir ás festas nas que se impartirán tasters de balboa e collegiate shag, a mellor música swing en directo, e os mellores DJs de Swing On School.

 

NIVEL 1

Levas bailando entre 6 meses e 1 ano. Controlas os básicos de groove walk, charleston e triple step, e podes combinalos. Sabes facer pasos máis complicados como o swing out e o tandem, pero aínda con dificultades. Sínteste cómod@ bailando tempos medios e comezas a sentir conexión coa parella. Xa deches os teus primeiros pasos nas festas e acudes regularmente ás oportunidades de baile social que se organizan na túa cidade e o teu obxectivo é ampliar o teu repertorio de movementos no baile.

NIVEL 2

Levas bailando entre 1 ano e 2 anos e medio. Controlas os pasos básicos e bastantes variacións. Tes un bo repertorio de movementos e sintes unha boa conexión coa parella. Aínda que podes bailar a diferentes tempos, as cancións demasiado rápidas aínda te asustan. Acudes regularmente ás festas que se organizan na túa cidade, e algunha vez viaxaches só para bailar lindy hop. O teu obxectivo é ampliar a túa musicalidade e técnica, ao tempo que amplías o teu repertorio na pista.

NIVEL 3

Levas bailando máis de 2 anos e medio. Podes moverte con fluidez na pista, transmitir e sentir a conexión coa parella e estás experimentando as túas primeiras variacións para darlle máis musicalidade ao teu baile. Os tempos moi altos e moi baixos xa non che asustan, aínda que a veces non che resultan tan fáciles. Non te perdes unha festa e xa acudiches a festivais de swing. O teu obxectivo é conseguir máis técnica, máis musicalidade e explorar a conexión coa parella.

Advertisements