PRODUCTOS

vacalouraO Enxebre Swing Festival aposta polos productos locais de desenvolvemento sostible. Por iso, a cervexa do festival será Vacaloura, unha cervexa artesanal do Val Miñor elaborada con productos ecolóxicos, e que a poderás degustar a prezos moi económicos.

 

pacololaPara os amantes do viño, no podía faltar un bo albariño: Paco & Lola. Un viño elaborado con mimo, de forma sostible, e con un gran sabor, que se fixo con varios dos premios máis prestixiosos a nivel mundial. E aí estará, en Casa Videira, onde as cabras fan swing outs.

 

A despensa na terra no Enxebre Swing Festival

E para quen queira quedar na casa para comer e cear durante o festival, poderá degustar os productos de A desPensa na Terra, unha pequena tenda de productos ecolóxicos situada no centro de Bueu, que se desplazará ata o festival coa comida feita para que non teñas que pensar en nada.

Ainda estamos traballando en ampliar os productos locais que ofreceremos durante o festival, se tes unha pequena empresa galega e queres que os asistentes degusten os teus productos, contacta connosco a través de enxebreswingfestival@gmail.com

Advertisements