PROFESORES

Un dos puntos estrela do Enxebre Swing Festival son os profesores que impartirán as clases de lindy hop. Dende Swing On School queriamos que os profesores elexidos representasen os valores que queremos transmitir na nosa escola: diversión, amor polo baile social, bo rollo e, por qué non, un puntiño gamberro!

Fosy e Andrea

Fosy e Andrea profesores do Enxebre Swing Festival 2017 Swing On School

Profesores e fundadores de Mecánicos del Swing (Vitoria), son dous apaixonados do baile que chaman a atención en cada festival ao que asisten pola súa musicalidade e a súa actitude.

A Andrea Dhanae encántalle bailar. Da man de Ana Mínguez comezou a dar os seus primeiros pasos no lindy hop. Tras acudir a talleres específicos, diferentes festivais e recibir clases cun sinfín de profesores nacionais e internacionais, comeza a dar clases en Swing Up no 2013. Membro fundador da sala Savoy en Vitoria, actualmente adícase a dar clases xunto a Fosy. Foi profesora en festivais como El Pilón 2015 ou Chimenea Swing 2016. Espéravos a todos cunha sonrisa e ganas de bailar!

Fosy é un rockeiro de toda a vida que descubriu o Lindy Hop en Barcelona alá polo 2006, e cautivouno ao instante. Pero é no ano 2011, xa instalado en Vitoria-Gasteiz cando comeza a recibir clases moito máis en serio. Xunto con Andrea comezan a moverse por todos os festivais nacionais e internacionais que poden, así chega ao 1º posto na Jack & Jill do Blue Skies Lisbon de 2014 e 2º posto na do Swing Mood Fest 2016. Ademais de dar clases en Swing Up dende 2013 e ser fundador do Savoy Swing Up, tamén asistiu como profesor ao Swing en el Pilón 2015/2016 e ao Almeria Swing Fest 2016. A súa paixón pola música dan del un hopper divertido e cheo de sorpresas!

Sandra e Javi

Cando Javi e Sandra coñeceron o lindy hop e o balboa hai 8 anos, rendíreonse de inmediato á enerxía que desprenden ambos bailes.

Dende entón non pararon de bailar swing, asistindo a numerosos eventos nacionais e internacionais en países como Suecia, Francia, Alemania, Turquía, Holanda, Suiza, etc.

Despois de varios anos de non estar nen unha semana sen bailar, decidiron dar un paso máis e intentar transmitir a súa paixón polo baile impartindo clases regulares en Madrid e talleres en distintos puntos do panorama español.

A día de hoxe a súa ilusión e amor polo baile social en ambos estilos seguen intactos e están encantados de ensinar o que máis felices lles fai.

Andrea e Jorge

Andrea e Jorge de Swing On School Vigo Collegiate ShagAndrea Costa é o espíritu do swing. Dende aquel día en que se topou por primeira vez con xente bailando lindy hop no centro de Vigo, o seu hábitat natural é a pista de baile, onde se move coma pez na agua, pero con bounce e derrochando felicidade, tanto no rol de follower como no rol de leader. Comezou como alumna de Swing On School en 2014 e xa en 2015 convirtiuse en profesora da escola, onde imparte clases regulares de lindy hop, ademais de algúns talleres de collegiate shag. Actualmente continúa a súa formación asistindo a gran cantidade de festivais pola Península Ibérica, incluíndo o BCN Shag Festival, Happy Stomp, Move your Bottom…  Asistir a clase con Andrea é unha dose forte de inspiración.

Para Jorge Patiño o baile é un xeito distinto de respirar a música, de darlle forma e cor aos temazos de swing que tanto lle flipan. Comezou as súas clases en 2011 con profesores como João Guedes e Abeth Farag, fundadora de Swing Station (Portugal), e en 2012 funda Lindy Hop Bueu impartindo clase a un pequeno grupo de persoas que foron os primeiros alumnos de lindy hop en Galicia. Mais adiante fundou Swing On School, onde actualmente imparte clases de lindy hop e balboa, e talleres puntuais de collegiate shag. Nas festas é habitual na pista de baile ou aos pratos, e xa leva uns cantos festivais ás costas, incluíndo o Atlantic Swing Festival, Happy Stomp, Swing Mood Festival ou Move your Bottom.

 

Advertisements